Mércores 20. SERÁN D@S VECIÑ@SAs Pandereteiras de Cans / AcordeCans As Pandereteiras de Cans prenderán a chispa dunha noite festeira na que volverá actuar por segundo ano consecutivo o grupo de acordeóns AcordeCans. Xoves 21. NOITE DE CLIPSDesfile de chimpíns con Os Vacalouras Vermellas
Inauguración da Can Parade con Hendrik Röver
Juan Rivas DJ
Xoves 21 | 00h30 | Pub A Chimenea Partindo da onda do lounge ou dos ritmos electrónicos, Rivas conduciranos a unha viaxe polo último do territorio indie. Boa música pensada para a diversión e para avivar os sentidos.
Venres 22. NOITE DE ESTREACONCERTO NA PLACA! Luar na Lubre Despois da proxección do documental Torre de Breoghán, abrimos un novo espazo á programación do Festival, a Placa de Bugarín, coa sinfonía céltico galaica do famoso grupo folk galego, en versión reducida e adaptada ao entorno.
Desfile de chimpíns. Treboada Baixo Miño Desde o máis fondo da tradición miñota, chegan as mellores gaitas, bombos, tambores e concertinas de toda Galicia. Un pasarrúas atronador dende o Bar de Moncho ata o torreiro de Cans.
Sidonie Sidonie achégase ata Cans co seu último traballo, Sierra y Canadá, baixo do brazo. Esta banda barcelonesa nacida nos noventa, fará vibrar o Torreiro cos seus ritmos de pop psicodélico e pop alternativo. Psicodelia intelixente en versión orixinal que ten pasado por influencias rock, pop, funky, hip-hop ou psicodelia electrónica.
Sesión Disco Chimpín. DJ Ángel Carmona (Radio 3) O xornalista sorprenderá ao público asistente ao Torreiro coa súa faceta como DJ. Carmona, actual presentador do programa Hoy empieza todo de Radio 3, é un enorme coñecedor do panorama musical, tendo traballado tamén nas revistas Rolling Stone ou Rockdelux. Sábado 23. DÍA GRANDEBanda de Música Xuvenil de Torroso Sábado 23 | 13h00 | Torreiro de Cans
Despois de nacer no Festival de Cans, esta banda despedirase do seu público nesta edición do festival.
Sés No último traballo de Sés, os valos desaparecen e as rúas deixan de estar prohibidas. Rockeira e cantareira, comprometida e libre, sentimental e enérxica. Unha das nosas máis singulares e poderosas voces volverá a Cans coa enerxía do vento sobre o escenario e cancións cheas de verdade e forza.
Dos Tenores Def con Dos Def con Dos presenta o seu novo formato en directo Dos Tenores, no que Peón Kurtz, J. Al Andalus e César Strawberry recuperan o espírito dos seus comezos, cando trasladaron á súa realidade os sons máis hiphopeiros dos anos oitenta. Dos Tenores Def con Dos traerá ata Cans o son máis primitivo da banda. Recuperan parte do mellor dos seus primeiros discos e engádenlle vangardistas mesturas feitas por compañeiros de batalla e seis novos temas, que farán vibrar o Torreiro na noite do Día Grande do Festival.
Sesión Discochimpín. Autómatas Beat Unha das parellas de DJ's máis divertidas e orixinais de Galicia, que fará bailar freneticamente a todo o público coas súas mesturas inéditas.
JALIÑEIRO UNPLUGGEDGaiteiros do Mar. Manuel Sotelo e Lito de Pinténs O Festival de Cans reúne os protagonistas do documental Dos gaiteiros do mar, Manuel Sotelo e Lito de Pinténs, para encher un dos seus epazos máis emblemáticos cunha actuación emocionante e única.
Davide Salvado O enfant terrible do folk galego presentará en exclusiva en Cans temas do seu novo traballo, que sairá á venda en xuño. Un disco feito dende o corazón, en agradecemento a esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas.
Poetarras O Jaliñeiro será testemuña das cancións pegadizas e irreverentes deste colectivo “arterrorístico” formado por Manuel Gago, Rubén Lino e Daniel Vilaverde.
CANS VOULEVARBlues do País
Adrián Costa Blues, funky e soul son os trazos máis característicos deste músico compostelán, aínda que non dubida en mesturalos coas súas raíces latinas.
Quempallou Unha das bandas máis representativas do folk galego, música de raíz dende un punto de vista actual, sen complexos nin ataduras. Acordeón, cordas, frautas, gaitas e, sobre todo, voz. |