Axenda

II Festival Sons de Breogán-ADIADO
sexta feira 13 marzo 2020, 21:00
Vistas : 258

COMUNICADO

Ante a situación excepcional que estamos a vivir vémonos obrigados a adiar o II Festival Sons de Breogán de mañá na Sala Malatesta para o que traballaramos moitísimo, pero pouco podemos facer soamente aguantar a resignación e paciencia. Pedimos desculpas pola parte que nos toca pero esta situación supera toda a realidade.

Por outra banda estamos a tratar de xestionar nova data para cando isto estea un pouco máis acougado. As entradas adquiridas serán validas. As que queirades o reembolso da súa entrada hai dúas opcións.

A xente que desexe o reembolso das mesmas que escriba a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou contacte polas nosas redes sociais para poder xestionalo o máis axiña posible. A que adquiriu as súas entradas a través de Entradium ou Wegow faráselle o reembolso a través desta mesma web, a que adquiriu as súas entradas de forma física tamén obterá o reembolso.

Aínda así calquera dúbida por favor contactade con nós por redes sociais ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Dirémosvos en breve a nova data, saúde ante todo e sentímolo moitísimo

Asinado e apoiado:
Sons de BreogánRebeliom do InframundoCuarta XustaSamu AcaracanGalunk Producions



Lugar: Sala Malatesta - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.