COMUNICADO
Ante a situación excepcional que estamos a vivir vémonos obrigados a adiar o II Festival Sons de Breogán de mañá na Sala Malatesta para o que traballaramos moitísimo, pero pouco podemos facer soamente aguantar a resignación e paciencia. Pedimos desculpas pola parte que nos toca pero esta situación supera toda a realidade.
Por outra banda estamos a tratar de xestionar nova data para cando isto estea un pouco máis acougado. As entradas adquiridas serán validas. As que queirades o reembolso da súa entrada hai dúas opcións.
A xente que desexe o reembolso das mesmas que escriba a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou contacte polas nosas redes sociais para poder xestionalo o máis axiña posible. A que adquiriu as súas entradas a través de Entradium ou Wegow faráselle o reembolso a través desta mesma web, a que adquiriu as súas entradas de forma física tamén obterá o reembolso.
Aínda así calquera dúbida por favor contactade con nós por redes sociais ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Dirémosvos en breve a nova data, saúde ante todo e sentímolo moitísimo
Asinado e apoiado:
Sons de Breogán, Rebeliom do Inframundo, Cuarta Xusta, Samu Acaracan e Galunk Producions