Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Buscar no Cartafol:

Galegoz Featured

Comarca
Imaxe
Video
En activo
non

Bases electrónicas mesturadas con reggae, funk e soul, e zarrapicadas por letras combativas, irreverentes e as veces incluso surrealistas conforman o orixinal son de GalegoZ. Música marxista-electricista, ARANHOTO STYLE! Música para bailar pensada e feita en Galiza. Samplers, loops, percusions, guitarras, ventos e voces, apoiados por vídeo e performance conforman este espectáculo galego multimedia. Unha ciber-verbena electrónica con melodías sinxelas, ventos contundentes, estética circense, actitude punk e tres voces dándolle guerra ao poder e as inxustizas sociais, fuxindo de dogmatismos e sen perder nunca o bo humor.

O proxecto GalegoZ nace no 2005  como un experimento para formar un grupo virtual que fusionase diferentes disciplinas: música electrónica, teatro, vídeo, inspirándonse en Gorillaz. Proxecto creado por algúns dos membros da Matraka Perversa, en febreiro do 2006, -animados pola boa acollida do single “Galician Chimpanzee”-, deciden constituírse en banda. E así, o experimento cristaliza no disco “Galician chimpanzee”, -un traballo de manufactura caseira editado pola discográfica galega Ouvirmos-, e o “grupo virtual” transfórmase nunha banda formada por músicos procedentes de distintos grupos galegos.
En 2007 a banda tocou ao longo de toda a xeografía galega presentando o seu segundo traballo “Revolution Dance” nos festivais mais importantes do pais. No 2009 publicaron o seu último disco, "Viñeron da Galiza interior". A banda Galegoz está formada por: Denís Mutante (voz), Pulpiño Viascón (batería, percusións e voz), Marcos Payno (programacións e voz), Manuel Payno (trompeta e coros), Alex Salgueiro (frauta e teclado), Tomas Ruido (Técnico de son e produción técnica ), Matías Olazábal (guitarra) e Chou (Samplers, video-dj e son).

Accede ás descargas de GalegoZ


Escoita Viñeron da Galiza interior (2009)

TemaEscoitar duración
Viсeron da Galiza Interior
(Galegoz)

2:07 min
Apocalipse Agora
(Galegoz)

3:56 min
Non poden con nуs
(Galegoz)

3:35 min
O amo da billarda
(Galegoz)

3:39 min
Zombis no Gaiбs
(Galegoz)

3:16 min
e

Novas Relacionadas:
Images (2)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto