Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Electrónica Safari Orquestra

Buscar no Cartafol:

Safari Orquestra

Safari Orquestra é unha formación que nace en Lugo polo ano 2002 da man do productor Arturo Vaquero, e os músicos Emilio López e Xermán Viluba, ex-Skornabois. En principio foi concibido como un proxecto de estudio, pero o desexo do seus membros por tocar en directo, leváronos a xuntar unha banda con solvencia para poder amosar a súa proposta nos distintos escenarios de Galicia.
Para a posta en escena Safari Orquestra conta con un Dj e produtor, saxo, baixo e dúas voces, unha formación novidosa e de contrastada eficacia. A banda sacou en 2010 o seu disco de estrea, Ben Deitei, editado polo selo VIR.

A música de Safari Orquestra no é doada de definir. Poderiamos falar dunha fusión entre a electrónica máis integradora ou orgánica, con ritmos que van desde o soul, funk ou reggae. Como eles mesmos din, mestura malicia e felicidade, dando un resultado elegante e bonito. Se houbese unha etiqueta que os definise, sería Electrónica‐fusión, onde a música negra é a base das súas composicións.

Na actualidade os membros de Safari Orquestra son Alvaro Pardo (Dr. Think): Dj, samplers, efectos. Miguel Martinez (Rulos): Saxo,flauta traveseira. Laura Romay:Baixo e Emilio López: Voz, samplers.

Novas Relacionadas:
Images (2)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto