Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Rock A Compañía do Ruído

Buscar no Cartafol:

A Compañía do Ruído Featured

A compañía do Ruído está formada por sete persoas que dan vida a unha orixinal mistura de diferentes estilos. Destaca o escarnio nas súas letras, que mandan mensaxes combativos a través de ritmos bailables e divertidos.
Folk, rock, ska, corridos mexicanos, rumba, punk, ou regaae, entran na batidora da Compañía, procurando unir así o divertimento, e a resistencia social.
Con dez anos de traxectoria, A Compañía do Ruído ofrece un directo sólido, dinámico, e contundente, cargado de enerxía, imaxinación, e bo humor.
Neste ano 2012 presenta o seu 5º traballo discográfico “ Había de chover merda”, e traballa na composición do seu espectáculo “ Isto é unha taberna, e aquí vense a cantar”.

Discografía
Ano 2003 presentan o seu 1º EP “Só Existe Ruido”
Ano 2004 presentan o segundo traballo discográfico “Barruntando”, gravado en directo no Auditorio Municipal de Riveira
Ano 2005: 3º traballo “A compañía do Ruido”, gravado no Estudio Bonjan da Coruña
Ano 2006: 4º traballo gravado en directo na Festa da Chuvia, “Chuvia 06”
Ano 2011: 5º cd "Había de chover merda", gravado na Coruña no Estudio Amil por Tomás Axeitos e Fran Amil
Ademáis participan en diferentes discos como 120 capadores en homenaxe aos Diplomáticos de Montealto”, “A per loca”, “Leña verde” en Boiro, No cd “Vozes Novas” da escolma do panorama musical galego editado no 2009, no cd “Escolma” editado pola empresa Caramuxo, ou no cd editado polo concurso Nordés da Coruña.

Descarga 2 temas de Había de chover merda (2011)


Escoita a Compañía do Ruído

TemaEscoitar duración
Promo novo disco_currante radio

2:59 min
Promo novo disco_hai que darlle lena radio

3:22 min
e

Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto