Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Rock Os Diplomáticos de Monte Alto

Buscar no Cartafol:

Os Diplomáticos de Monte Alto

Comarca
Video

Banda imprescindíbel para entendermos a música galega, que ao longo dos máis de dez anos que estiveron en activo, dende Arroutada Pangalaica, (Dro East West, 1991), até Komunikando, (BOA, 2003), marcaron as liñas mestras da evolución do rock en galego.

 

A súa formación histórica é coa que gravaron os seus tres primeiros discos: Arroutada Pangalaica, (DRO, 1991); Parrús, (Fonomusic, 1993) e Avante toda!, (Fonomusic, 1995), isto é Xurxo Souto á voz e ao acordeón, Rómulo Sanjurjo ao acordeón, Juan Varela “Guni” á guitarra, Mangüí Martín ao baixo e mais Marcos Viascón á batería, aínda que no derradeiro disco só Sanjurjo seguía na banda, acompañado por Manolo Maseda ou Lola de Ribeira.

 

Malia estar oficialmente "retirados" os Diplomáticos teñen tocado de novo nalgunha ocasión, a última no Castañazo Rock de 2012, onde falamos con eles e lles gravamos un par de temas.

Novas Relacionadas:
Images (3)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto