Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Rock Pito de Pikasso

Buscar no Cartafol:

Pito de Pikasso Featured

O grupo nace durante o 2004 en Compostela, cun obxectivo claro: facer punk-rock con letras surrealistas mesturadas con moi pouca vergoña sen máis intención que o rock como forma de divertimento propio e alleo.

A formación inicial foi : Guille (collón esquerdo/baixo); na batería (tronco): Milo; Miki Aceite Johnson (collón dereito / Guitarra Pajillera) e Luko (capullo/ Guitarra e Voz). Nunha noite fría de decembro, por alá do 2004, sería cando os Pito de Pikasso se desvirgarían nos escenarios, sendo A Coruña a cidade afortunada.

Seguiron concertos por toda a xeografía galega, durante o 2005 e 2006, pero non sería até o 2007 cando comezaron con concertos relativamente importantes, compartindo escenario con grupos da sona de Def Con Dos ou Los Suaves, ademais de acadar a final de diversos concursos galegos. Tamén foi o ano no que editan a súa primeira maqueta, chamada “O Sentido está por vir” que recolle 4 temas que se poden escoitar e descargar no MySpace da banda.

No 2008 seguen coa boa racha de actuacións, compartindo escenario cos Ruxe-Ruxe, The Homens, Cornelius ou Siniestro Total e tocando en diversos festivais da zona compostelá. No mes de setembro de 2008, entra Schaal, en substitución de Luigi, que entrara coma baixista tamén, no 2008. A formación final queda así: Milo (á batería/tronco):, Miki Spinelli (collón dereito/Guitarra Pajillera), Luko (capullo/ Guitarra e Voz) e Schaal (Collón esquerdo / baixo).

En 2009 publican o seu primeiro traballo de larga duración  "KRAKSH!¡!" que segue a liña marcada polas anteriores maquetas “Sigue por el Recto (2006)” e “El sentido esta por venir (2007)”

 Gravado por Iago Pico en Pousada Son (Ames) www.pousadason.com

Deseño : ArinsPunk


Na primavera de 2011 sae o segundo LP "De Perrecho a Capitan" 12 temas de Pun-ró surrealista. Gravado e misturado por Hevi “ na de Alfredo” e Masterizado por Dan Millice en Masterdisk (NY, USA),

Deseño : ArinsPunk

Despois do verán de 2011 Schall I o Grande, deixa o grupo rumbo a terras aragonesas e entra Carlos a ocuparse das cordas gordas.

No verán de 2012 entra Kike como guitarra en sustitucion de "Aceite Johnson" Spinelli. Coa nova formación gravan o seu terceiro traballo, Arrock con Chícharos no 2013.

Accede á zona de descarga de Pito de Pikasso:


Escoita Arrock con Chícharos (2013), o novo disco de Pito de Pikasso:

TemaEscoitar duración
01 - Rock de Luxe

2:38 min
02 - Leiteiros secuestrados

2:25 min
03 - Pthirus

2:52 min
04 - Toliños de amor

2:32 min
05 - Auxe e caida de Pepe do Rufo

2:56 min
06 - Non o ves

3:08 min
07 - Señor Jose

2:27 min
08 - Carradin

4:18 min
09 - Amor ó mencer

3:10 min
10 - Un dedo no furado

2:48 min
11 - Moza de plastico

3:01 min
12 - Eche o que hai

2:54 min
e

Novas Relacionadas:
Images (3)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto