Home Cartafol Rock Radio Océano

Radio Océano

Comarca
Video
En activo
non

Foi un grupo de rock creado na Coruña en 1981, moi activo na escena do rock galego na súa andaina e grupo de culto para boa parte da mocidade do seu tempo, nomeadamente na cidade da Coruña e nas comarcas de Ferrolterra, Bergantiños, etc.

Formación atípica, xermolada por dous xornalistas coruñeses, Xosé Manuel Pereiro e Santiago Romero, o seu labor artístico excedía o estritamente musical e tamén facían parte da publicación alternativa La Naval (1986-1987) para alén de colaborararen co poeta Lois Pereiro, homenaxeado no Día das Letras do 2011 e irmán do cantante X. M. Pereiro.

Gravaron o seu único LP (Nin falta que fai), no ano 1985, despois de gañaren un concurso de RNE. O traballo tivo repercusión na altura pero non chegou ao éxito que colleitaban daquela formacións como Siniestro ou Os Resentidos. Porén, hoxe é considerado peza fundamental do rock do país. Dous anos despois de gravaren o disco, a banda disolveuse.

Co gallo da devandita homenaxe a Lois Pereiro no Día das Letras,  argallouse a volta dos Radio Océano, nun concerto homenaxe a cargo de varios grupos, que tivo lugar o 22 de abril de 2010 na sala Nasa de Santiago de Compostela. O concerto rematou coa actuación da histórica banda.

Novas Relacionadas:
Images (1)

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto