Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Rock Ruxe Ruxe

Buscar no Cartafol:

Ruxe Ruxe

Comarca
Constrúe
  • gaitas
Imparten aulas de
  • outros instrumentos
Páxina web
Teléfono
666999333
Imaxe
Descargas
Video
En activo
si

Grupo rock da bisbarra compostelá, da aldea de Aríns, que leva desenvolvido unha longa traxectoria dende os seus comezos, cando tiraron a primeira maqueta no 1996, que incluía cinco temas onde se intuía cales ían ser os vieiros polos que camiñase a música dos Ruxe: rock en galego, que fala de Galiza e que mesmo soa coma ela en ocasións, tanto que durante os seus comezos, cando gravaron o seu primeiro disco, Ruxe-Ruxe, 1999, e mailo segundo, Non temos medo, 2000,  foron incluídos seguido en compilatorios de música folc e celta. Isto debeuse xa non á presenza de gaita e acordeón en moitas das súas pezas, ou as colaboracións que nos discos teñen feito pandeireteiras coma Liñaceira, -feitos que por outra banda son comúns a outros grupos de rock-, senón a unhas raigames tan chantadas na terra, como lles acontecía quizais aos Rastreros, que aínda que estean a facer rock hai algo atrás que recorda sempre de onde son os que tocan. E non hai máis que escoitar os seguintes traballos do grupo, A terra dos comentos, 2003, e Fervendo, 2004, para se dar de conta disto. Porque nestes traballos a presenza do rock é moito maior, case absoluta, especialmente no último deles, coas colaboracións de Julián Hernández de Siniestro ou o Maestro Reverendo, mais o arrecendo á terra segue a estar presente, para sinalar que os rapaces que están a soar vos son de Aríns, Compostela.

 

Xigantes, (PAI Música, 2008), dá un paso máis, -unha boa alancada-, cara a unha madurez musical que semella vai situar a banda nun son que relembra moito o rock anglosaxón dos setenta, -dunha e outra banda do Océano-, e que lle concede cada vez máis importancia, nas gravacións, aos medios tempos. Unha base rítmica ancorada nese rock clásico, unha guitarra que gaña en protagonismo, tamén ao vivo, e unhas voces, -principal e tamén os coros-, seguras do que fan marcan a pauta. E dentro desta liña xeral do seu novo traballo, abrollan retallos punk, ecos do ska, unha olladela ao hip-hop, gaitas e saxos dando acubillo a unhas letras que cada vez collen máis  peso no total do disco.

Novas Relacionadas:
Images (4)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto