Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Rock Túzaros

Buscar no Cartafol:

Túzaros

Comarca
En activo
non

Banda de rock tamén santiaguesa, concretamente de San Lázaro, que botou catorce anos na música, tempo que lles permitira gravar dous discos, Túzaros, 1997 e Trivial, 2001, para alén dunha maqueta anterior, que reflectían un son contundente que levaron a escenarios de toda Galiza, nomeadamente da comarca de Santiago: Bertamiráns, Escravitude, todos os pubs de Compostela, aínda que axiña foron ampliando fronteiras para  deitar o seu son en Padrón, Bueu, Vigo, A Coruña, Chantada,…

E así foron os catorce anos de historia dos Túzaros,  Mario César Vila, guitarra e voz, Xulio Boquete Rodríguez, baixo, e  Xoan López Ferrás, batería, na formación histórica que mudou tan só co troco de “Tejo” por Xulio no verán de 2004 no baixo.  Anos de estrada, de ensaios, de loitar por facer boa música en Galiza e en galego, feito que os levou a estar presentes no proxecto Unión Bravú, 1996, onde unha ducia de bandas quixeron demostrar que era posíbel facer rock aquí sen se ter que transformar en copias insípidas das sonoridades foráneas, sen ter que imitar, creando, argallando, dende a pertenza consciente a unha cultura.

Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto