Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Rock Vicky Polard

Buscar no Cartafol:

Vicky Polard

Vicky Polard nace en outubro de 2010 cando dous rapaces se reencontran inesperadamente nun festival de música independente en Trazo despois de moitos anos. Na mesma noite deixan ver que os seus gustos musicais son similares e deciden comezar a ensaiar no conservatorio de Santiago. Máis tarde entra un baixista no grupo (Fiz García) e comezan a ensaiar de xeito regular. Barallan a posibilidade de incluir outra guitarra que lle daría potencia e achegaría novos sons á xa formada banda (Carlos Gómez). Quedando así o grupo completo: Xulián Sambade guitarra e voz, Afonso Traficante batería, Fiz García baixo e Carlos Gómez guitarra.

Publicaron o seu disco de estrea a finais de 2012, 42.

+ Artigos sobre Vicky Polard en GZmúsica

42, novo traballo de Vicky Polard

Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto