Home Cartafol Rock Zënzar

Zënzar Featured

Fórmase no outono de 1987 co nome de Mördor. Son a banda con máis anos de actividade en Galiza facendo rock en galego. O seu primeiro concerto foi no Nadal de 1988 no pub Non sei sendo un sexteto. Mantiveron esa formación ata o ano 1991 cando saíron da banda o teclista Manuel Jesús e o guitarrista Luis. No verán do 1993 prodúcese o troco de nome, por motivos legais, pasando a chamarse, xa para sempre, ZENZAR. Esto ocorre pouco despois de grabar a finais do 1992, ainda como Mördor, a sua 1ª maketa baixo o título de Contos e Lendas de Terra Adentro.

No 1997 prodúcese a saída á rúa do seu primeiro L.P. Disparados ó Futuro, -un par de anos antes sacaran unha segunda maketa, Fascinados polo prohibido-, composto de doce temas grabados nos Estudios Fussión de Vigo, con Xavier Abreu de técnico. O grupo fai unha extensa xira de presentación que se prolonga nos dous anos seguintes, onde destaca a participación no primeiro Alen Galicia na  Illa de Arousa, e no 1º Santi Rock en Compostela.

No 2001 publican Toda vai ben, e un ano despois Rockandoll. Despois chega unha época de pouca actividade na banda e prodúcese a saída de M. Silvera, guitarrista e un dos fundadores da banda. Así chegamos ao 2006 en que Zenzar edita o seu cuarto traballo, Sigue e Dálle o cal foi gravado entre febreiro e marzo no Estudio Océano de Nigrán, outra vez baixo a batuta de Xavier Abreu. No 2009 a banda sacou A Tribu e no 2012 aparece Vaise Armar, último traballo editado dos Zenzar.

Os Zenzar son:

  • Manolo García, batería. Membro fundador de Zenzar, batería e letrista. Tamén colaborou con grupos coma Kastomá , Chícharo Psicótico ou a Banda Meljacha.
  • Xosé A. Bocixa . voz. Membro fundador de Zenzar, unha das voces da Banda Meljacha e colaborador en moitos discos de grupos Galegos. Membro activo do asociacionismo galego dende fai moitos anos e de movememtos como Burla Negra, Amelga, etc. Traballou en radio mais de 15 anos ata que o deixou por non ser sumiso aos dictados do político de turno. Actor de Dobraxe, productor de eventos, guionista e realizador de documentais coma “ As Encrobas. A Ceo Aberto”.
  • Paco Cerdeira. Guitarra e voces. Membro tamén de Mama Cabra. Estivo tamén en grupos coma  A Banda Meljacha ou Lady Croff. Técnico de són e productor, incorporouse ao grupo no 2006.
  • Mario Grela. Guitarra e voces. Guitarrista e compositor , que se incorporou a Zenzar no 1997 logo de disolverse Nasser, o seu primeiro grupo.
  • Jose A. Regueiro “Tabe”. Baixo. Membro fundador de Zenzar e pioneiro da música en Cerceda con Atomo.


Accede ás descargas de Zënzar (4 discos):

A Tribu (2009)

EscoitaNameCanciónTamaño Duración
downloadPista 01

6.3 MB3:27 min
downloadPista 02

7.3 MB4:00 min
downloadPista 03

6.5 MB3:33 min
downloadPista 04

4.9 MB2:40 min
downloadPista 05

8.5 MB4:40 min
downloadPista 06

8 MB4:22 min
downloadPista 07

8.5 MB4:38 min
downloadPista 08

5.5 MB3:00 min
downloadPista 09

8.3 MB4:31 min
downloadPista 10

7.9 MB4:18 min
downloadPista 11

5.6 MB3:05 min
downloadPista 12

6.9 MB3:45 min
downloadPista 13

5.3 MB2:54 min
downloadPista 14

4.5 MB2:27 min
e

Novas Relacionadas:
Images (6)

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto