Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Folk A Quenlla

Buscar no Cartafol:

A Quenlla

Imaxe
Video
En activo
si

Grupo lugués artellado polos ex-compoñentes de Fuxan os Ventos, Mini e Mero despois de abandonaren esta formación. Na Quenlla mantense a liña argumental senlleira no quefacer artístico dos Fuxan da primeira época: preponderancia da música vogal con textos de poetas galegos, ás veces tamén tirados da tradición, sempre coa ollada chantada na situación social do país, con respecto á que manteñen unha posición crítica. O seu inxente labor, que abranque máis eidos ca o estritamente musical na súa defensa do folclore e cultura galegas: charlas didácticas, recollida de cantigas, etc, ten sido, porén, prolífico na produción discográfica con nove discos publicados: Os tempos aínda non, non son chegados, 1986, Romance, 1988, Európolis-88, publicado no mesmo ano, Máis alá da néboa, 1990, Terra, 1992, Nadal en galego, 1993, A casa que nunca tivemos, 1996 e Namórate da vida, 1999, todos eles producidos por 2001 Producciones Artísticas agás Romance, producido por Sons Galiza.

O seu último traballo, Silencios na memoria, saiu ao mercado en 2004

Novas Relacionadas:
Images (4)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto