Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Folk Alberto Conde

Buscar no Cartafol:

Alberto Conde

Músico nado en Caracas en 1960, aínda que axiña veu a vivir a Ourense, de xa longa traxectoria no eido do jazz onde comezou no ano 1983 con Baio Ensemble. O seu achegamento ao folk prodúcese da man do Alberto Conde grupo, que publicou dous traballos discográficos A lagoa dos Atlantes, (Calve Records, 1997) e Celtrópolis, (Clave Records, 1999) onde pescuda nas posibilidades de fusión do folk e mais o jazz, acompañado dunha serie de músicos na súa banda, Kin García, baixo, Andrés Rivas, batería, Marcos Padrón, acordeón, Marcos Campos, gaitas e frautas, Paco Juncal, violín, Aurora Filgueira, voz e pandeireta, e mais nas colaboracións, Uxía, Anxo Pintos,..., que lle permiten achegarse á musica galega dende a súa experiencia jazzística. Hoxendía Alberto Conde está embarcado nun novo proxecto, Alberto Conde Trío, onde une ao son do seu piano, o contrabaixo de Baldo Martínez, membro fundador do grupo de jazz Clunia cunha longa traxectoria tanto en solitario coma en senlleiras formacións do jazz nacional, e mais a batería e percusións do afro-americano Nirankar Khalsa. O trío gravou a súa estrea en 2003, Entremares, (Karonte/Nuba Records, 2004), música do mundo con orixe galega e arrecendo á cultura afro-americana. Despois publicaron Andaina, (Karonte/Nuba Records, 2006), traballo que continúa a liña do disco anterior. No 2009 Alberto Conde participou na gravación de Atlantic Bridge, (Karonte, 2009), novo proxecto musical que une as culturas ibérica e norteamericana a través do jazz. 

Novas Relacionadas:
Images (2)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto