Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Folk Amancio Prada

Buscar no Cartafol:

Amancio Prada

Comarca
Video
En activo
si

Cantautor nado en Dehesas, O Bierzo, León, e que malia ter vivido a meirande parte da súa vida fóra dos lindeiros da Galiza administrativa: no seu Bierzo natal, en París, en Segovia,..., vén desenvolvendo unha inxente laboura artística na que o noso país é unha referencia senlleira. Xa dende o seu primeiro traballo discográfico, Vida e morte, (Hispavox, 1974), a presenza da lingua galega, nomeadamente as versións musicadas de poemas de Celso Emilio Ferreiro, Darío Xohán Cabana, Álvaro Cunqueiro ou Rosalía de Castro, así como de moitas cancións tradicionais galegas, para alén do seu labor na recuperación e normalización dun instrumento por aquela datas esquencido pola música galega, a zanfona, permiten sinalar a Prada coma un dos precursores do novo folk nacional. Cómpre falarmos da simbiose entre a música do berciano e a poesía rosaliana, feito que lle deparou popularidade incluso entre o gran público galego por mor dos dous discos, Rosalía de Castro, (Fonomusic, 1975) e Rosas a Rosalía (Fonomusic, 1987), que lle adicou á poetisa. De feito, hoxendía moitas das composicións da santiaguesa viven no acervo popular baixo a feitura que Amancio Prada lles deu. Ademais dos devanditos traballos, o músico berciano ten publicado tamén Caravel de caraveles (Fonomusic, 1976), onde cunha ollada innovadora versiona cantigas tradicionais acochando o son da súa zanfona entre frauta, percusión e violoncello; Lelia Doura (Fonomusic, 1980), outra volta a mesma instrumentación para arroupar textos tirados da lírica medieval; A dama e o cabaleiro (Ariola, 1987), que troca a austeridade anterior por unha instrumentación máis complexa para cantar exclusivamente versos de Cunqueiro e De mar e terra, (EMI, 1999), onde recupera a súa liña instrumental habitual para de volta procurar as súas composicións entre as cantigas populares. O cantautor berciano volveu a se achegar á cultura galega en Rosalía, siempre, (2005), no entanto, nos seus últimos traballos está a explorar a poesía de autores españois como Jorge Manrique.

Novas Relacionadas:
Images (4)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto