Ávalon
Ávalon é unha formación de música folk composta por cinco mulleres: Marta Barrecheguren, violinista; Xela Conde, Belén Leis, percusión; Macarena Montesinos e Patricia Hermida que xa ten dous discos publicados: Lúa Meiga, (Discmedi, 2000) e Beltaine, (?, 2002). O grupo creouse cando algunha das compoñentes compartían estudos no colexio en Vigo, e pouco a pouco foron artellando un proxecto onde ten forte presenza a formación que recibían no conservatorio. O resultado é unha música onde as pezas medievais e o pop, nomeadamente nas composicións cantadas, teñen oco para crear un son persoal.