Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Folk Beladona

Buscar no Cartafol:

Beladona

Comarca
Video
En activo
non

Grupo de música celta, creado en 1993 e xa desaparecido, que malia o seu pouco tempo de vida chegou a editar dous traballos discográficos, Para brincar no rueiro (Edicións do Cumio, 1996) compartido cos grupos Ardentía e Crema de Gaita e Bicos de sol (Zouma Records, 2000), disco onde Fran Gómez, Jorge Juncal, Javier Abad xunto a Xosé Liz e Daniel Vilar, que compaxinaban Beladona coa pertenza ao grupo folc-rock Salterium, máis a voz de Elena Paz despregaron toda a súa calidade. O disco contou ademais coa colaboración do programador Iván Laxe, ex-compoñente dos grupos Nordés e Skornabois. Porén, o proxecto non callou e o grupo desfíxose, continuando os seus compoñentes a súa andaina por camiños diferentes.

Novas Relacionadas:
Images (2)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto