Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Buscar no Cartafol:

Brath

Comarca
Video
En activo
si

Grupo lugués creado a comezos dos anos oitenta, concretamente no 1981 aínda que o seu primeiro traballo, Kalaikia, editoullo Philips en 1983. O nome do grupo, Brath era o pai de Breogán na mitoloxía celta, dá unha pista das súas influencias, sonoridades celtas que nacen fundamentalmente dende o folclore tradicional, ao que incoporan unhas estruturas rítmicas máis complexas. Creado ao redor da figura do baterista Eloi Caldeiro, tamén coñecido polo seu labor coma poeta, por Brath teñen tamén pasado outros moitos músicos, coma por exemplo Pepe Vaamonde. Precisamente o feito de ser a batería o instrumento senlleiro de Brath confírelles certa singularidade no eido do folk galego. As seguintes gravacións en estudo de Brath, A Lembranza da Auga, 1988, e Néboa infinda, 1993, xa as realizaron na súa propia editora discográfica, Sons Galiza, que dende 1988 vén traballando na cidade de Lugo a prol dunha industria discográfica de noso. Despois dunha tempada de silencio, no 2000 apareceu 5inco, (Sons Galiza, 2000), cunha meirande presenza de temas cantados, apoiada na produción poética do propio Caldeiro, onde a temática social: insubmisión, machismo, prostitución infantil,..., protagoniza o discurso do grupo. 5inco foi o primeiro traballo dunha triloxía que completarían Rodeira, (Sons Galiza, 2002), centrado na denuncia da degradación do medio natural que sofre Galiza e a última achega da banda, O latexo do fogo, (Sons Galiza, 2004), que fala das relacións interpersoais. Inseridos de cheo nunha época prolífica, os Brath aínda editaron dous traballos máis nesa época, Bulevar océano, VOL. 1, (Sons Galiza, 2005) e Intres, (Sons Galiza, 2006), último disco publicado pola banda.

Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto