Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Folk Carlos Núñez

Buscar no Cartafol:

Carlos Núñez

Gaiteiro e frautista vigués nado en 1972 que se ten convertido no máis recoñecido para alén das nosas fronteiras, coa meirande repercusión mediática e éxito de vendas acadados nunca pola música galega. A traxectoria artística deste gaiteiro estivo vencellada dende moi novo á música tradicional, pois sendo un neno comezou da man do mestre Antón Corral na banda Xarabal e xa con doce anos actuou coma gaiteiro solista no Festival Intercéltico de Lorient. Tamén naquela época de mocidade xorden as continuas colaboracións que Carlos ten feito coa banda irlandesa The Chieftains, por exemplo a actuación xunto a eles no Festival Intercéltico do Morrazo de 1989, que culminaron no disco Santiago dos irlandeses, adicado á música do camiño homónimo e que chegou a acadar un Grammy, e na xira posterior que o vigués realizou canda eles coma un membro máis da lendaria banda. Entrementres Carlos Núñez foi madurando coma músico, primeiro dentro dos Matto Congrio e logo en solitario, roteiro que comezou co’A Irmandade das Estrelas, (BMG-Ariola, 1996), traballo que acadou un éxito de vendas abraiante con máis de 150.000 copias vendidas, un ronsel de colaboradores, encabezado polos propio Chieftains e onde había oco tamén para Ry Cooder, a Vieja Trova Santiaguera, Kepa Junkera ou Luz Casal, que puxo a súa voz na versión musicada do “Negra Sombra” rosaliano, un dos temas máis escoitados do disco. A seguinte etapa da carreira en solitario do frautista e gaiteiro chegou c’Os amores libres, (BMG-Ariola, 1999). Neste traballo, onde de novo a nómina de colaboradores apresenta estrelas internacionais coma Noa, Sharon Shannon ou o guitarrista Juan Manuel Cañizares, Núñez explora os vieiros do Sur, cunha tentativa de achegamento e mestizaxe da música galega co flamenco e a música árabe que sorprendeu a moitos. Un ano despois, aparece Mayo Longo, (BMG-Ariola, 2000), un álbum dacabalo entre o folk e o pop, con forte protagonismo da voz da cantante lusa Anabela, que o acompañou na xira do disco e protagoniza xunto ao vigués o video-clip do tema “El pozo de Arán”, rodado na ría de Vigo a bordo dun veleiro. Neste traballo Núñez foxe da grandiosidade dos anteriores discos e artéllao todo dende a súa casa en Vilaboa, malia seguir a contar con algunha colaboración senlleira, coma a de Dan Ar Braz ou a do ex-Supertramp Roger Hodson. Ademais en Mayo Longo, Carlos atrévese por vez primeira a compór a música das súas cancións, asinando algunha das pezas do disco, “The moon says hello” e “Mayo Longo” entre elas. O seguinte traballo foi Todos os mundos, (BMG-Ariola, 2003), unha especie de grandes éxitos

Novas Relacionadas:
Images (2)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto