Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Folk Chouteira

Buscar no Cartafol:

Chouteira

Comarca
Video
En activo
non

Grupo folk creado no comezo dos anos noventa que comezou sendo un quinteto tradicional ate evolucionar á formación máis ampla, sección de metais incluída, coa que rematarían a súa carreira. A súa primeira gravación foi un disco compartido editado por Edigal, que puideron gravar logo de vencer no IV Certame de música folk de Vilagarcía, traballo onde o estilo do grupo apenas se arredaba das pautas tradicionais e da interpretación de pezas pertencentes ao repertorio popular. Despois chegarían Chouteira, (Do Fol, 1995), Ghuaue, (Do Fol, 1997) e Folla de lata, (Do Fol, 2000), onde a presenza da voz de Ugia Pedreira, unida a evolución na instrumentación escolleita polo grupo, axiña zanfona, requinta e todo tipo de percusión menor e no terceiro disco tuba, trompeta ou saxo, ademais da paulatina incorporación de composicións propias ao seu repertorio son os factores que determinan a grande importancia de Chouteira no folk feito en Galiza nos últimos dez anos. A formación de Chouteira sufriu algunha modificación dende os seus comezos, e na gravación do seu derradeiro traballo o grupo estaba integrado por: Ugia Pedreira, voz e pandeireta, Olga Nogueira, acordeón, Olimpio Xiráldez, gaitas, requinta, e bombo, Anxo Graña, saxo e zanfona, David Rodriguez, trompeta e fliscorno, Manuel Villar, Tuba, Francisco Estévez, percusións, Alfredo Moldes, percusións. Máis alá de éxitos coma o televisivo “O ghai, ghai”, incluído nun dos discos do programa Xabarín da TVG, o grupo deixou algunha das pezas máis fermosas da música cantada en galego nos seus discos, traballos onde os coidados e aloumiños na creación, as inquedanzas que atinxiron nos dous últimos traballos tamén a temática das letras, conforman un legado, un xeito de evolucionar dende a música tradicional cara a un estilo de seu que poucos grupos acadan con acerto e calidade. O grupo decidiu en 2002 non volver a dar concertos, polos atrancos que para os seus integrantes supuña compaxinar os ensaios en Chouteira cos seus diversos labores e pola escaseza de ofertas que estaban a recibir, sen desbotar a posibilidade de editar material xa gravado.

CHOUTEIRA AO VIVO NAS CRECHAS NO 1995

Novas Relacionadas:
Images (3)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto