Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Buscar no Cartafol:

Dhais

Comarca
Video
En activo
non

Grupo lalinense que realizou a súa estrea co disco homónimo editado polo selo Sons Galiza en 1993. Non embargante, o grupo participara antes no disco colectivo Arca Marmórica, (Sons Galiza, 1992), xunto coas bandas Armeghín e Galerna. Malia ter participado en dúas ocasións no Celtic Connections escocés, Dhais nunca foron un grupo moi coñecido polo público galego e a súa presenza nos escenarios do país foi escasa. Isto non lles impediu deixar un interesante legado musical, que culminarían co seu segundo e derradeiro traballo, Arman Vela, (madame Mir, 2001), presentado curiosamente no seu concerto de despedida, na sala Nasa en abril de 2000. Logo de tres traballos discográficos no mercado e moitos concertos, hai agora preto dunha década Dhais deixaba os escenarios e cada un dos seus membros emprendía camiños distintos. A ansiada profesionalización do grupo no foi posible polas ocupacións duns e doutros, pero as cancións desta xa mítica banda folc permanecen hoxe na memoria de moitos galegos e son pezas veneradas por grupos que, desde a súa fundación, consideraban a este grupo como un dos grandes do país. Nunca tiveron a difusión nin a dimensión de formacións contemporáneas, aínda que si o respeto dos seus incondicionais e de prestixiosos festivais escoceses ou de distintos puntos da península, posto que non formaron parte dese rexurdimento temporal que tivo a música tradicional galega de mediados e finais dos anos 90. A desaparición amistosa de Dhais coincide co pasamento dunha das súas figuras. O querido e respetado Luis Areán desapareceu, en xuño de 2000, pouco despois dos agardados concertos de Santiago, Lalín e Vila de Cruces, nos que o grupo interpretaba temas do seu último disco; Arman Vela. O cedé editaríase dous anos despois, xa sen Luis e coa separación anunciada. Luis (frauta), Manuel Amigo (gaitas), Pablo Caramés (percusión), Zalo Martínez (guitarras), Quim Farinha (violín) e César Morais (baixo) prepararon un traballo con colaboracións de amigos e outros intérpretes e conseguiron que o tema que leva o título do disco sexa case que un himno xeracional para moitos dos seus fieis seguidores.

Novas Relacionadas:
Images (2)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto