Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Folk Mercedes Peón

Buscar no Cartafol:

Mercedes Peón

Cantante e gaiteira nada en que comezou a ser coñecida tralo seu paso polo grupo Matto Congrio. Despois de moitos anos de recolleita de material polas aldeas galegas, feito que lle chegou a proporcionar a posibilidade de colaborar no programa da TVG Luar, e da colaboración con grupos coma Os Diplomáticos de Monte-Alto ou Xosé Manuel Budiño, Peón decidiu artellar un proxecto de seu, que finalmente saíu á luz coa aparición de Isué, (Resistencia, 2000), disco anovador que conseguiu ligar os ritmos electrónicos coa bagaxe asimilada nos seus anos de traballo de campo. As posibilidades da voz de Mercedes continuaron protagonizando a súa seguinte proposta Ajrú, (Resistencia, 2004), que volveu contar coa sólida banda que xa acompañaba á cantante no seu primeiro disco e que é de novo o resultado dun camiño de exploración onde a música galega soa arroupada polos máis diversos estilos. A coruñesa presentou no 2007 o que foi o seu terceiro traballo, Sihá, (DiscMedi, 2007), -non esquezan pronunciar co hache calado-, traballo gravado case na súa totalidade no estudo que a cantante ten na súa propia casa. Despois de Isúe, (Resistencia, 2000) e Ajrú, (DiscMedi, 2003), Mercedes Peón  recunca cun disco que unha primeira e superficial escoita vai levar sen remedio até o saco sen fondo da world music, mais que agacha innumerabeis pérolas, matices, sons e ritmos que deixan enxergar moitas máis influencias, e moito máis fondas, do que nun comezo semella poder haber. Deste xeito, e sen saír dun guión, dun preconcepto claro e ben marcado de esparexer a sonoridade máis de noso, a cantante leva os ritmos ternarios das pandeiretas, que ela sabe coma ninguén tornar abafantes e por veces desacougantes e xamánicos, cara a un envurullo sonoro coa música jazz, coa música africana, coa electrónica, que xa viña sendo a referencia senlleira da produción anterior da Peón.

No 2010 publicou un novo traballo, S.O.S.

Novas Relacionadas:
Images (4)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto