Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Folk Noitébregos

Buscar no Cartafol:

Noitébregos

Grupo formado por Iván Armenteros (Percusión), Francisco García (baixo e bouzuki), Daniel Domínguez (frautas e gaitas), Mayte Rodríguez (teclados), David Luís (acordeón diatónico), Rubén Armenteros (Percusión). Desde o ano 1996, data en que o grupo Noitébregos comeza a súa andaina musical, as variacións do seu estilo teñen sido de diversa índole. Nun primeiro momento a formación podía considerarse como un quinteto tradicional. Intentaron basear o seu repertorio nas pezas do cuarteto do século XIX Os Trintas de Trives, e en composicións tradicionais galegas. Tras uns anos mantendo esta tendencia, fóronse introducindo instrumentos que lle daban un carácter máis diatónico ao grupo, como un pínfano e un acordeón. Entrando xa na última etapa, cunha sonoridade xa plenamente folk, o estilo musical mantén certos aires dos comezos fusionados coa música celta. O repertorio do grupo pode dividirse en dúas partes:  as pezas instrumentais, onde podemos encontrar temas do repertorio cubano de danzóns e rumbas. E as pezas cantadas, caracterizadas por un estilo máis melódico.

Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto