O Carro
Grupo lugués que ten gravado dous discos, Manifesto, en 1977, Brilo de anxos, en 1980. Neste segundo disco ten un gran protagonismo a obra literaria de Celso Emilio Ferreiro. A música d'O carro baseábase na preponderancia das voces e nunha instrumentación propia da música anglosaxona, baixo e guitarra eléctricos, órgano. Hoxendía xa desaparecido.
Images (2)