Francisco Rodríguez Campos, coñecido como Paco Campos, é un actor e cantante do Barco de Valdeorras. Cursou estudos de harmonía, canto, piano e guitarra no Conservatorio da Coruña e Escola Estudio de Santiago.
Paco Campos é tamén actor de dobraxe e púxolle a voz a Higgins en Magnum. Acompañado polo grupo "Chaira" compón e grava dous discos de longa duración: Ó rompe-lo día e Laura, ollos de auga.