Home Cartafol Folk Pancho Álvarez

Pancho Álvarez

Violinista do Porriño de ampla traxectoria na música folc dos últimos vinte anos e que despois de ter pasado por Na Lúa e Matto Congrio, forma parte hoxendía da banda do gaiteiro Carlos Núñez. Ademais o violinista desenvolveu unha carreira en solitario, onde reivindica os cantares de cego e o xeito de interpretalos co violín como a referencia para este instrumento en Galiza. O seu labor comezou cun disco adicado ás composicións do cego dos Vilares; Florencio, o cego dos Vilares, (Do Fol, 1998), é un tributo aos cegos que percorreron o país coas súas historias, persoas que durante séculos mantiveron, e crearon, retallos do esplendor literario pasado. O seu segundo traballo foi Nas cordas, (Do Fol, 2001), onde de novo aparecen composicións pertencentes ao acervo popular acarón dalgunha do músico e incluso un minuet de G.F. Haendel. Non embargante, neste segundo disco destacan as colaboracións e presenza doutros músicos, coma os irmáns Núñez coa frauta e as percusións, fronte a un primeiro traballo onde Pancho se encargaba, para alén dos instrumentos de corda, de todos os demais, colaborando tan só María e Maca Solleiro coas súas voces.

Pancho Álvarez prosegue na actualidade a súa andaina acompañando a Carlos Núñez, participando nos distintos traballos do gaiteiro e frautista vigués. Porén, tamén publicou nos últimos anos 2 novos traballos en solitario: Sólidos Galicianos, no 2009 e Sonche atlántico no 2012.

Images (4)

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto