Tanxugueiras Featured
Tanxugueiras é un trío de pandereiteiras galegas formado por Sabela Maneiro, Aida Tarrio e Olaia Maneiro. En 2018 editaron o seu primeiro disco co mesmo nome que o grupo, Tanxugueiras, co que gañaron o Premio MIN ao mellor disco en galego dese ano ou o Martín Códax 2019 na categoría Folk/Trad. Ademais, percorreron máis de 100 escenarios e iniciaron unha proxección internacional que as levou a actuar na India, en Suíza, en Cuba ou Escocia e colaborar con grupos como Shooglenifty, Xabi Aburruzaga, Nao ou Esne Beltza.
No outono de 2019 publican 2 adiantos do seu novo traballo, con senllos videoclips, e o 22 de novembro dispoñibilizan en varias plataformas dixitais Contrapunto, segundo disco que presentaron nunha xira que comeza na Sala Rebullón de Mos o 29 de novembro e que as leva despois a Pontevedra, Celanova, Burela e Compostela.
O disco parte do traballo de Sabela, Aida e Olaia para avanzar nun son propio e plasmar a evolución do seu sentir musical, que se enriquece con ritmos doutros estilos. Así, Tanxugueiras asumiu nesta ocasión a definición tanto artística como musical do dsico, no que tamén contaron coa coprodución do músico Isaac Palacín. Tanxugueiras din conxugar todos estes elementos para facer agromar un novo concepto: o trad, un selo característico entre a tradición e as novas formas da cultura urbana.
Contrapunto
enténdese
como
un
espello
con
cinco
temas
que
transmiten
sentimentos
positivos
que
teñen
o
seu
equivalente
que
fala
sobre
a
cara
amarga
do
mesmo.
Desta
volta,
as
letras
tradicionais
serven
para
cantar
ao
empoderamento
da
muller,
unha
temática
que
Tanxugueiras
aborda
en
temas
como
Desposorio
(o
primeiro
single
do
álbum),
Irmandade
e
Maltraer,
ou
para
afondar
dun
xeito
cru
na
deslealdade
e
a
traizón
que
se
atopan
en
Perfidia. Son
moitos
os
temas
que
Tanxugueiras
toca
no
seu
segundo
disco,
que
ten
cancións
adicadas
á
liberdade
política,
a
amizade,
a
vida
e
á
liberdade
de
decisión
que
se
complementan,
na
súa
cara
amarga,
con
letras
como
as
de
Autocracia
,
unha
crítica
á ditadura, ou as de
Malquerenza
sobre o desengano.
Este contraste de situacións trasládase tamén ao deseño do disco, obra de Sonia García, representado por un corvo femia. Un paxaro que é símbolo de impureza e maldade, presaxio de malos augurios en culturas mediterráneas e na tradición cristiá pero que se idolatra noutras latitudes como na cultura dos países nórdicos, Siberia ou Alaska e tamén no budismo. As protagonistas en Contrapunto volven ser as voces e as pandeiretas e a proximidade á música de baile. Unha concepción que se deixa notar tamén nos novos directos do grupo, deseñados ao detalle para levar ao público da intimidade á euforia.
PARA ESCOITARES A DISCOGRAFÍA DAS TANXUGUEIRAS PRECISAS DE TE REXISTRAR DE BALDE EN DEEZER: LOGIN
Tanxugueiras (2018)
Contrapunto (2019)