As Garotas de Ribeira
As Garotas de Ribeira son Sofía, do Porto do Son e Paola, de San Mamede, Carnota, dúas mozas que viven en Barcelona. Coñecéronse nesta cidade onde comezaron a facer rap cantado integramente en galego, que bebe da tradición da regueifa, da resistencia e dunha visión aguda e feminina do que as rodea.
Images (1)