Borderline79
En 2008 nace a idea de fundar BORDERLINE79, unha banda de metal alternativo procedente da comarca do Salnés.
Logo de varios anos e moitos cambios, tanto de estilo como formación, en 2012 estabilízanse con Artur, Borja, Joel, Suspen e Tonsi. Cun estilo moi propio achegado ao metal alternativo, consolidáronse na escea local coma un dos grupos máis novos.
BORDERLINE79 ofrece un extenso repertorio de temas propios en galego e un directo brutal ( premio a mellor posta en escea en 2011 no “I Certame de Bandas dos locais de ensaio de Vilagarcia De Arousa” ).
Tocando en festivais da talla das Revenidas ( con grupos como Dios Ke Te Crew, O Leo, Terbutalina,… ), están traballando no proxecto dun primeiro EP.