Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Metal Kathaarsys

Buscar no Cartafol:

Kathaarsys

Unha das bandas máis sorprendentes do metal galego son sen dúbida os composteláns Kathaarsys. Sorprendentes porque poden viaxar do jazz ao hardcore, pola súa contundencia tamén pero sobre todo, sorprendentes por descoñecidos no noso país fóra dos circuítos de seareiros. Porque sorprende que un grupo desta calidade pase desapercibido. Nados das cinzas do grupo Elsenor sobre o ano 2000, os Kathaarsys son na actualidade un trío formado por J.L. Montáns voz e guitarra, Marta Barcia, baixo, e mais Adrián Hernández "Krecho", batería. A súa estrea produciuse no ano 2005 con Portrait of Wind and Sorrow, reeditado ao ano seguinte polo selo mexicano Concreto Records e que tivo unha acollida notable no panorama europeo. Dous anos despois publicaron Verses in Vain co cal xiraron por segunda vez polo noso continente. A súa busca continua de novas sonoridades, a evolución creativa do seu proxecto lévaos a publicar no 2008 o seu terceiro L.P. Anonymous Ballad, co que a xira de presentación percorreu Europa e tamén América. No 2011 editaron o seu último traballo de estudio polo de agora Intuition.

Novas Relacionadas:
Images (4)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto