Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Metal Xerión

Buscar no Cartafol:

Xerión

Comarca
Video
En activo
non
Fonte de información:

Xerión é unha banda de Black Metal ourensá fundada no ano 2000.

Xerión naceu a comezos do ano 2000 como proxecto en solitario do cantante, Nocturno, que empezou a traballar nas primeiras melodías e letras. O nome da banda procede da mitoloxía celta da Galiza.

Así, en maio e xuño do mesmo ano e na soidade do seu pequeno estudo de gravación (Estudios Breogán) deu forma aos primeiros cinco temas que formarían parte do primeiro traballo, O espírito da fraga. Dita demo foi autoeditada baixo o selo que Nocturno leva coa súa compañeira Daga, Nigra Mors, ao igual que case tódolos traballos da banda.

No ano 2002 graváronse dous traballos máis, O trono de Breogán e A harpa do guerreiro, editados e distribuídos por cadansúa discográfica francesa, Taran Productions e Gorification Musix respectivamente. Chegaron tamén os primeiros compartidos con bandas nacionais, Foscor primeiro e Cryfemal despois, así coma reedicións das últimas demos a través de Nigra Mors e Wolf Records, que conseguen que o nome de Xerión se de a coñecer alén da Galiza.

En agosto de 2002 Daga comezou a formar parte do proxecto tocando o teclado, e a finais de ano Nocturno comezou a buscar outros membros para poder ofrecer os primeiros concertos de Xerión. Logo dalgunhas idas e voltas, sumáronse Lovo á guitarra e Notna ao baixo. Xunto cunha caixa de ritmos ofrécense os primeiros concertos pola Galiza a finais do 2003 e no 2004, no que incluso visitan Euskadi.

Chegaron tamén novos traballos coa nova formación. O diaño das tebras editouse no 2005 nun cd compartido cos vascos Nakkiga e Omendark a través de Oniric Records, e Na mística procura de Amh-ghad-ari, editado no mesmo 2005 nun cd compartido coa banda portuguesa Decayed, tamén a través de Nigra Mors. En ditos traballos contouse coas colaboracións especiais de Leonardo no violín e O Rei Celta No Exilio na gaita irlandesa.

A comezos do 2006, xa con Aboriorth no posto de batería, e logo de ofrecer o primeiro concerto en Portugal, no IV Metal Attack de Covilhâ, Nocturno decide volver aos comezos e que Xerión volte a ser un proxecto en solitario (algo que no fondo sempre seguira sendo). Canceláronse algúns concertos así coma algúns plans a curto e medio prazo, pero o proxecto Xerión segue en activo.

Discografía

O Espírito da Fraga (demo), (2001)
O Trono de Breogán (demo), (2002)
Xerión/Foscor (split), (2003)
Cryfemal Vs. Xerión (split), (2003)
A Harpa do Guerreiro (demo), (2004)
Hymns To Satan / Na Mística Procura De Amh-ghad-ari (split), (2005)
Ipar Basoetan/Na Fraga Do Norte (split), (2005)
Cryfemal & Xerión (split), (2005)
Concentric Ways Of The Ancient Cult (split), (2007)
Nocturnal Misantropia (2007)


Novas Relacionadas:
Images (3)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto