Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Buscar no Cartafol:

Ataque Escampe Featured


Banda compostelá fundada no 2002, que se consolidou no panorama galego despois de publicar A grande evasión, disco que chegou aproximadamente un ano despois do suceso que tivo Galicia es una mierda, (A Regueifa Discos, 2008), con 15 000 descargas e algún que outro ataque dos que non entenderon a crítica retranqueira e se enganaron coa provocación, -punk para Lupe Gómez-. De feito, houbo algúns que incluso pensaron que a censura era o mellor método para non incomodar as mentes autoodiantes da clientela que sobe e baixa maina nas escaleiras mecánicas mentres mira chegar a primavera e as semanas fantásticas.  Malia estas e outras pequenas e curiosas anécdotas, no espazo que houbo entre traballo e traballo o mundo criativo da banda non parou de ferver e agasallaron os seus seguidores con Galicia es una fiesta, (A Regueifa Plataforma, 2008) cos remixes do Dr. Painkiller de cinco dos temas do segundo traballo da banda. Tamén houbo mudanzas na formación, malia conservaren intacto o núcleo formado aló polo comezo do século na Facultade de Filoloxía da USC por Samuel Solleiro, Roi Vidal, Miguel Mosquera e Álex Charlón, e así a marcha do acordeón de Francesc Esteve, Paq, deu lugar á entrada dos teclados de Lois García.

No 2011 publicaron Violentos anos dez, disco que podedes escoitar e descargar en GZmúsica.

En 2012 forman parte da creación do selo Discos da Máquina e avanzan cara á profesionalización da banda, coa entrada do batería Álvaro Trillo, o que fai que Roi Vidal pase a tocar outros instrumentos como a melódica e a ocuparse da voz. Coa saída de Álex Charlón, voz nos primeiros traballos, no 2015, despois da gravación d'O disco vermello. Alén dalgunha gravación solta, no 2017 publicaron o seu, polo de agora, últimos disco Primeiros bicos.

Ataque Escampe (1ª formación):

Roi Vidal – Batería, kazoo, coros
Xoán Lois G. Carlín – Baixo  eléctrico, contrabaixo, piano, teclados, maracas, coros
Samuel  Solleiro – Banxo, guitarras, harmónicas, slide, xilófono, pandeireta,  coros
Álex Charlón – Voz, coros
Miguel Mosqueira – Guitarras, voz,  coros

Formación actual:

Roi Vidal: voz, melódica, xilófono e coros.

Miguel Mosqueira: guitarra acústica, guitarra eléctrica.

Samuel Solleiro: guitarra acústica, guitarra eléctrica, banxo e harmónica.

Xoán Lois García Carlín: baixo e teclados.

Álvaro Trillo: batería.


Accede á zona de descarga de Ataque Escampe


Escoita algún dos discos de Ataque Escampe. No seu bandcamp tes acceso á discografía íntegra.

Violentos anos dez (2011)

Disco Vermello (2014)

Novas Relacionadas:
Images (7)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto