Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Pop/Indie/Cantautor Fanny + Alexander

Buscar no Cartafol:

Fanny + Alexander Featured

Fanny+Alexander son unha banda indie galega con base en Compostela que gosta de poñer a proba en cada unha das súas cancións os límites do Pop máis canónico, chimpando do pop acústico á indietronica máis arriscada, do chamber-pop orquestrado ao máis shoegazer e espacial, do sintético pop electrónico ao máis folkie e espido. Unha atitude rupturista que comeza coa fidelidade ao principio punk do Do It Yourself -autoproducindo os seus discos e realizando os seus propios videoclips e material gráfico-, continua con un compromiso co Copyleft e remata coa explotación a conciencia da infinda paleta de sons que proporcionan as novas tecnoloxías. En defintiva, poñendo os alicerces para a contemporaneización da nova música pop galega a base de machucar estilos, regras e etiquetas.

Publicou os seguintes traballos: Lusco e Fusco, (A Regueifa Discos, 2006), Finais dos 70s comezos dos 80s, (A Regueifa Discos, 2007) e Alfaias, (A Regueifa Discos, 2009)

Accede ás descargas de Fanny+Alexander


Alfaias, (A Regueifa Discos, 2009)

TemaEscoitar duración
Setecentos
(Fanny + Alexander)

3:47 min
Espida de credo
(Fanny + Alexander)

4:05 min
Tardes de Domingo
(Fanny + Alexander)

3:37 min
Pintamas de escuro
(Fanny + Alexander)

3:21 min
Na febre dos incendios
(Fanny + Alexander)

2:59 min
Artefacto Burbur
(Fanny + Alexander)

3:23 min
Vigo ou Berlin
(Fanny + Alexander)

3:48 min
Que non caiba mais nada
(Fanny + Alexander)

3:44 min
Toda esa enerxia escura
(Fanny + Alexander)

4:09 min
Autopoetica in Progress
(Fanny + Alexander)

5:12 min
Mans abertas e ollos pechados
(Fanny + Alexander)

3:48 min
e

Novas Relacionadas:
Images (3)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto