Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Buscar no Cartafol:

Fucoxabier Featured

Actualmente inactivo, Fucoxabier é un músico orixinario do mundo tradicional e folki, foi tenor do Real Coro Toxos e Froles, e tamén membro de grupos como Os Chifros ou Amacuca, todos no entorno da comarca de Ferrol. Tras esta primeira etapa decide deixar a música, á que volveu anos despois, contra finais dos anos 10, cun novo proxecto. Trátabase dunha aposta por reinventar a canción de autor (ou canción, a secas) en galego, fuxindo de tópicos e de enxebrismos. Cobran importancia por tanto os textos, nos que ademáis de letras propias hai poesía e versións de temas esquecidos. Na parte musical aposta por unha estética convencional, con estilos que se moven entre o pop-rock, o folk, a balada, etc.

Sen ter aínda ningún disco de estudio editado, si achegou temas a tres discos colectivos:

• “Once máis 15”, disco de poesía musicada (2009).

• “Pressing Catch: 12 cancións dende o ring”, cancións para o espectáculo teatral Pressing Catch, da compañía compostelá Berrobambán (2010).

• “A Coruña Son 10”, concerto peche do obradoiro de creación de canción popular A Coruña Son (2010).

En directo presentábase como dúo: Fucoxabier (guitarra e voz) e Jorge Felpeto (piano). O seu único traballo editado é un concerto gravado en Fene, que podes descargar de balde na nosa web.

Accede ás descargas de Fucoxabier




Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto