Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Buscar no Cartafol:

Magritte

MAGRITTE formase en Ourense no verán do 2008, ano no que gravan unha primeira maqueta titulada “Viaxe a Lúa”  sendo presentada en directo en moitas das salas de concertos de Galicia. Aproveitando estes concertos para dar forma e solidez as cancións e a sonido do grupo , así despois dunha considerable cantidade de actuacións, Magritte entran nos Estudios  Abrigueiro e graban o seu primeiro Ep (6 cancións), e contan coa colaboración de “Eladio Santos “ de Eladio y  los Seres Queridos poñendo a voz na canción titulada ”Varsovia”  e de “Arturo Vaquero” grabando todos os teclados que aprecen no EP.
Son seleccionados por  “Santiago Auserón” para participar no  “Taller de Cancións A Coruña Son do 2009” durante unha semana.
As cancións de “Magritte” soaron recentemente no programa de “Disco Grande” de "Radio 3". Apariciones e programas musicales da RTVG como “Miraxes” ou “Banda Curta” entre outros.
Participan no concerto homenaxe a “The Beatles” na Sala Capitol de Santiago xunto a  bandas punteras da escena galega.
No mes de Febreiro de 2011 gravan un concerto en directo para a "Radio Galega" dende  os estudios "Pousada-Son" e retransmitido polo programa "Planeta Furancho"

MAGRITTE son:
Nate Borrajo: voz
Josito Porto: baixo e voz
Xurxo Labrador: guitarra
Jesús Dopazo: guitarra
José  Lameiras: batería



Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto