Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Buscar no Cartafol:

Nadadora

Comarca
Video
En activo
si

Unha das formacións que con máis forza irrompeu no panorama pop estatal nos últimos anos foron os Nadadora. Malia teren o seu centro de operacións no Grove, os integrantes deste sexteto, Sara, voz, Gonzalo, voz e guitarra, Iñaki, guitarra, Dani, batería e programacións, Montxo, teclado e metalófono e Edu, baixo, son de varios puntos do país e levan xa desde o 2002 na estrada, o que lles permitiu tirar varias maquetas e EP’s e xa tres discos longos: Todo el frío del mundo, (Jabalina música, 2005), Hablaremos del miedo, (Jabalina música, 2007) e Luz, oscuridad, luz, no 2010. Traballos que os levaron a se facer un nome nos círculos pop e a participar en festivais estatais  importantes como o FIB de Benicássim, Primavera Sound ou Contempopránea. Música lánguida, melancólica, de escoita doada mais que só apaixonará os popeiros confesos, o que máis destaca é o xogo de dúas voces, Sara e Gonzalo, e as melodías tranquilas artelladas arredor das guitarras. Con letras en castelán primordialmente, aínda que con algunha incursión no galego, -houbo até rumores da aparición dun disco neste idioma que polo de agora non saíu-, a banda amosa unha evolución no seu último traballo, xa non unha simple escolma de singles, e unha clara transición cara a unhas letras máis limpas e menos agachadas atrás das melodías, evolución que, intencionadamente ou non, lles pode abrir as portas da radio fórmula e a saída dos circuítos pop cara ao gran público, mais ao mesmo tempo, esta deriva pode facelos perder os sinais de identidade que os fixeron destacar entre as moreas de grupos que practican un estilo musical que axiña cae na superficialidade e nun pseudo-dramatismo impostado, dos que polo de agora os Nadadora conseguiran fuxir.


Novas Relacionadas:
Images (3)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto