The Homens Featured

Trío compostelán de power-pop que tirou dous discos longos, Cuarta Potencia, no 2009 e Tres, (Falcatruada, 2007), os dous gravados por Santi García e masterizados por Víctor García nos estudios Ultramarinos Costa Brava en Sant Felliu de Guíxols.

Estes dous traballos viñeron após da edición da autoedición de dous EPs #1, no 2005, #2, 2006, o que unido ao considerable número de concertos dados en Galiza e Portugal nos seus seis anos de existencia os converte nun dos grupos máis dinámicos do pop galego. 

Xocas, batería, Roi, baixo e voz, e Martin Wu, guitarra e voz, compoñen The Homens, unha banda que segue o ronsel dos americanos Fugazi,  cunha música que agacha certo recendo e actitude do punk británico dos setenta, e na que cada vez vai tendo máis peso a influencia de bandas como Barracudas ou Pixies, para achegar un son no que, como eles mesmos din, veñen armados de guitarras ruidosas pero tamén de sensibilidade melódica. Cuns retrousos moi cantables, The Homens podería colocar o seu traballo sen dúbida nos circuítos da radio-fórmula, mais a súa filosofía tenos levado por outros vieiros e así todo o seu labor creativo faise baixo a licenza Creative-Commons, o que permite descargar as cancións dos seus traballos dende a rede; aínda así, desta volta o grupo decidiu tamén sacar o seu traballo nun soporte físico, cunha edición en formato especial onde se inclúe vinilo, CD e os temas en mp3, para alén do clásico formato CD en exclusiva. No 2011 decidiron separarse.



Cuarta Potencia (Xullo 2009)


Tres (Xullo 2007)


#2 (Febreiro 2006)


#1 (Xullo 2005)

Novas Relacionadas:
Images (3)

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto