Tino Baz

Hai uns anos, no Festival da Poesía do Condado que el xa coñeceu e gozou de cativo, un fato de mozos nomeaban, -co berro por ferramenta-, patriota galego a Tino Baz. E non erraban. Patriota, poeta e cantor, o guardés de xa longa andaina musical, -que o ten levado a partillar experiencias con Suso Vaamonde, A Quenlla, A Roda ou Treixadura-, vén de presentar o seu primeiro traballo, Cinsa Namorada, onde acarón do poema homónimo de Marica Campo, dez composicións do miñoto artellan un disco onde música e poesía se ensarillan como poucas veces ollamos no panorama musical actual, xa que a calidade dos textos, a forza que lles sabe imprimir, fan deles parte imprescindíbel do disco.

Novas Relacionadas:
Images (1)

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto