Home Cartafol Punk Deseqilibrio Mental

Deseqilibrio Mental Featured

Os composteláns Deseqilibrio Mental, bourando e tocando dende 2002, sacaron en 2011 o seu Con Q sin U (Lobicán Records, 2011), doce pezas gravadas nos estudios Pousada Son durante 2009 e 2010. O grupo parte do metal en galego para abeirarse ao punk e tratar nas súas cancións problemáticas da sociedade actual, para protestar polo que non lles gusta, misión na que estiveron apadriñados no seu disco de estrea polo melloriño do rock galego, como Ruxe Ruxe, Zënzar, os Machina e incluso os históricos Astarot.

O seu traballo viuse recompensado ó longo destes anos tocando en festivais como o V Verea Rock, XIII Música na Noite ou resultando gañadores do 3º Certame Música Xove 2010.

En febreiro de 2015 publican Séculos Escuros (I), primeiro dos EPs do seu novo proxecto.  O disco foi cociñado en Pousada Son xunto ao máster Iago Pico e conta coas colaboracións de Xan Pericán de Ruxe-Ruxe e DJ Mestre Pi. Do deseño encargáronse as Arinspunk.

Deseqilibrio son:

Tito (Voz)
Markos (Voz)
Jimmy (Guitarra)
Miguel Duarte (Guitarra)
Piky (Baixo)
Piedra (Batería)




Accede á zona de descarga de Deseqilibrio Mental

Novas Relacionadas:
Images (1)

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto