Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Punk Keltoi

Buscar no Cartafol:

Keltoi

Comarca
En activo
si

1. Grupo folk de que gravou un único disco, Ad Libitum, (Clave Records, 1994), próximo á sonoridade new age. 2. Grupo de street punk vigués. O grupo formouse no ano 1995, nunha época especialmente frutífera para o punk-rock na cidade de Vigo pois na altura tamén despuntan outras bandas como os recentemente desaparecidos Skacha ou Disturbio 77, e fai a súa estrea nun concerto celebrado co gallo do Día das Letras Galegas do ano 1996, acarón dos referentes da música galega da década, os Diplomáticos de Monte Alto. 

Logo viría o primeiro disco, Casco Vello, (Bronco Bullfrog Records, 1998), aínda que antes xa colaboraran no compilatorio Oito anos de sequestros (Sons de Luita, 1997), xunto a bandas como Nación Reixa, Zënzar, Xenreira ou Korosi Dansas.

Apesar do son moi mellorable do seu primeiro disco, o certo é que o traballo lles valeu de carta de presentación na escena punk galega, -tamén alén das nosas fronteiras-, acadando críticas moi positivas en revistas especializadas doutras zonas do estado e incluso nos USA. Tamén chegan os concertos, mais xusto cando a banda comezaba a se estabilizar e podía pensar en preparar o segundo  traballo chega o primeiro parón. O cantante ten que marchar traballar fóra e o grupo para. Recuperarían o labor xa pasado o cambio de milenio, para encetar a mellor etapa dos Keltoi, que estrean coa saída de Estado de sitio, (Janie Jones Records, 2001), traballo compartido polas 4 bandas imprescindibles para entender o punk na ría de Vigo, os xa citados Skacha e Disturbio, os morracenses Soak e os propios Keltoi.

De novo activos, os Keltoi van ampliando engorde a listaxe de concertos, con cada vez máis saídas fóra de Galiza, até chegar a compartir escenario cunha multitude de bandas internacionais de música ska e punk, como Malarians, Skarface, Dropkick Murphys, The Real McKenzies ou  Frontkick. Precisamente ao lado destes últimos e de Malas Cartas, a banda viguesa pon punto final a esta etapa cun concerto na cidade olívica en xaneiro de 2005.

O que semellaba o adeus definitivo do grupo queda nun deica logo cando, a piques de rematar o 2010, sae á rúa A nosa cinza, (ONDC Records, 2010). Argallado como un disco póstumo, unha sorte de legado musical, velaí o nome, rematou por se converter no inicio dunha nova etapa de actividade para Keltoi, que seguen a traballar e a dar concertos.

Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto