Que vén sendo o Cartafol?
Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
- E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
- Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
- Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
- E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)
Buscar no Cartafol:
O Leo i Arremecághona Featured
Cantautor punk da parroquia viguesa de Matamá, O Leo Arremecághona. Alá polo ano 97, unha maqueta gravada cunha minicadea e un micro no centro (pola reverb) dun salón de Vigo cunha guitarra acústica rescatada do lixo chegaba ás mans de alguén que chamou O Leo i os Endinados para tocar no II Félix Rock de Vigo, xunta bandas como Babes in Toyland ou Toy Dolls. Mentres viña a data do concerto, O Leo fíxose acompañar virtualmente (aínda nunca chegaron a tempo a un concerto) de Arremecághona!!!, dúo de tamboril e cunchas inspirado en Metallica e no seu Enter Sandman . Un ano despois, coa entrada para o concerto de Vigo xa mercada, O Leo i Arremecághona!!! foron requiridos para abrir os directos da Xira Galega do Veintegenarios de Albert Pla. Tiveron que lle revender a entrada a un colega. De aí saíu o xermolo deste disco, Suspiros de Kaña , gravado e mesturado por Pablo Iglesias no febreiro de 1998.
As mil copias dese disco nunca foron distribuídas máis ca en dúas tendas de Vigo e dúas de Santiago (polo propio autor). Tampouco se chegou a facer xira de presentación, aínda que o disco si foi posto en Satelitrés e en La Baía de Radio 3 e por aí saíron tres bolos no Festival de Teatro de Peto de Donosti. A partir de aí, o Leo i Arremecághona!!! tocaron no III Félix Rock e en todo canto minifestival e pub se prestase a acollelo, entre eles a Fiasta de Goián, no Baixo Miño, onde máis de 2.000 persoas corearon os seus temas na II edición do festival e onde máis de 400 se xuntaron no Entruido do ano seguinte para inaugurar, no furancho da Once (Asociación entruideira), o I Festival da Taíña, vixente inda hoxe. O Leo considera Goián como a súa patria musical. De feito O Leo arrenega musicalmente da súa patria verdadeira, Matamá, en Vigo, onde o vetaron expresamente –a el e ó festival enteiro– polo contido das súas letras.
Ao longo destes anos tamén fixo músicas e letras para espectáculos teatrais, en que participou asemade como actor: As Presidentas , d' A Factoría Teatro e Vendetta , de Berrobambán Teatro, espectáculo punk para pubs. Despois preparou o disco Aghomita, campión! e o directo Sigho (Vivo)!, recompilación audiovisual do seu espectáculo en vivo.
Argallou tamén a xira E aghomita!, na que apresentaba as cancións dese segundo disco, sempre a piques de saír á rúa, e onde colaboran Vicent Jalo, a banda de gaitas Os Ventos de Comesaña ou a banda punk viguesa Puta Miseria, e presentou a súa primeira incursión literaria, Hai cu, Ed. Xerais, 2007.
O Leo pasea a súa particular performance, teloneado polo seu alter ego, O Leio, cantautor que interpreta temas de Batallán ou Vaamonde, para dar paso despois ao resto da familia Arremecághona!, -cada vez máis numerosa-, e rematar sempre coa versión máis punk, onde vestido co traxe galego e camisola anarquista versiona aos Clash, cunha das mellores cancións do certame apologhit, e sacode os alicerces da sociedade. No 2012 gravou ao vivo no seu piso de Compostela o que sería o seu terceiro disco, do que tampouco volveu haber novas.
Suspiros de kaña (2000)
Tema | Escoitar | duración |
01 - o leo i arremecaghona!!! - Suspiros de kanha | 0 min | |
02 - o leo i arremecaghona!!! - intro (O Leo i Arremecбghona!!!) | 0:28 min | |
03 - o leo i arremecaghona!!! - A maldision dos ghusanitos (O Leo i Arremecághona!!!) | 1:20 min | |
04 - o leo i arremecaghona!!! - Kastrapo paghuer! (O Leo i Arremecághona!!!) | 1:08 min | |
05 - o leo i arremecaghona!!! - Tripdeme as tripas! (O Leo i Arremecбghona!!!) | 4:49 min | |
06 - o leo i arremecaghona!!! - Muinheira's Ghueioflaif (O Leo i Arremecбghona!!!) | 4:21 min | |
07 - o leo i arremecaghona!!! - Trepa-nasion (O Leo i Arremecбghona!!!) | 2:54 min | |
08 - o leo i arremecaghona!!! - PP (Pesadelo Popular) (O Leo i Arremecбghona!!!) | 4:23 min | |
09 - o leo i arremecaghona!!! - Nin mu (O Leo i Arremecбghona!!!) | 1:24 min | |
10 - o leo i arremecaghona!!! - Koito ergho sum! (O Leo i Arremecбghona!!!) | 2:39 min | |
11 - o leo i arremecaghona!!! - Maruxa (O Leo i Arremecághona!!!) | 4:22 min | |
12 - o leo i arremecaghona!!! - Al(gh)ien (O Leo i Arremecághona!!!) | 1:58 min | |
13 - o leo i arremecaghona!!! - Isto Ghalisia (O Leo i Arremecághona!!!) | 0:43 min |