Home Cartafol Punk Ulträqäns

Ulträqäns Featured

Unha tarde de maio de 2007, no Monte Alto berce do Bravú nacen Os Ulträqäns. O grupo xorde anos despois da desaparición dos Papaqueixos, grupo no que tocaban desde o seu comezo Antón Díaz e Fran Amil, que estiveron enrolados en formacións como A Turma Angologalega entrementres, aos que se uniron Tino Vilaro, encargado de "todo o que pode ser rabuñado" e Aarón Iago, "co que pode ser soprado". Considerados por moita xente coma os sucesores naturais daquela histórica formación bravú, o certo é que os Ulträqäns atesouran moitas das características dos primeiros, idiosincrasia e base rítmica incluídas, mais camiñan un carreiro non tan amplo no que a estilos musicais se refire. Co complicado que resulta dicir isto dunha banda capaz de unir unha muiñeira e Iron Maiden e saír moito máis ca indemnes do experimento, o certo é que Ulträqäns practica un punk-folk acelerado, con apenas intres de acougo, cun amplo protagonismo instrumental, apenas rachado polo agro-prop, os tanques soviéticos e a odiosa crítica musical. Así o ven eles:

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.
Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.
Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.
Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.
Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.
Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.
Que o desfruten. Chipirixouba!

Teñen publicado un único traballo, homónimo e presentado no 2011, así como colaboracións nos colectivos República Billarda e A Tribo Toda Baila.

A formación actual dos Ulträqäns é:

-Francisco Amil (Amilón ou Amilenko): Parches e coiros ulträtrebónicos, voz, alaridos from hell, arroz manager, fotoxornalista incorrupteivol.
-Aarón Bouzón (Cachisnamar): Frauta, gaita galega, EWI4000, whistle, chintófano dos tronos, vocecillas surtidas, movimentos ameboides.
-Manu Seoane (a.k.a. Knopfler): Fender stratocaster, fender strato-cúmulos, fender-testas, afinacións retroindustriais, malladora sidero-carballeroide.
-Antom Díaz (Tarakanov): Baixo, baixo fretless, contrabaixo, voz, dispensador de francachelas, macaco nervudo, isótopos no peto, semidescontrol loco-motivo.

Aos que se engade ás veces nos directos Pablo Añón (Pablo Sax): Metais pesados e preciosos, soplista bebopesco, dancin’ escachístico, browni in the night with moito on the rocks.

Descarga Ulträqäns (2011)

Escoita Ulträqäns (2011)

EscoitaNameCanciónTamaño Duración
downloadSetentaqulos
(Ultraqans)

3.1 MB3:21 min
downloadSqaqans
(Ultraqans)

2.3 MB2:27 min
downloadVacas a rua
(Ultraqans)

3.3 MB3:34 min
downloadSetter irlandes
(Ultraqans)

3.3 MB3:33 min
downloadMatar
(Ultraqans)

2.3 MB2:31 min
downloadRetellos Delta
(Ultraqans)

0.8 MB0:51 min
downloadLosfer Guaus
(Ultraqans)

3 MB3:19 min
downloadRachinchancha Alfa
(Ultraqans)

2 MB2:12 min
downloadRanchinchancha Omega
(Ultraqans)

2.8 MB3:03 min
downloadManasterianca - Pripoianca
(Ultraqans)

3.1 MB3:22 min
downloadT-34
(Ultraqans)

2.5 MB2:46 min
downloadChapeluisa
(Ultraqans)

4.8 MB5:15 min
downloadDjuvarliskata
(Ultraqans)

3.6 MB3:56 min
downloadCetvorno
(Ultraqans)

4.3 MB4:43 min
downloadMuinheira do Estropicio
(Ultraqans)

0.4 MB0:23 min
downloadOs Ocelotes
(Ultraqans)

2.9 MB3:13 min
downloadQuimbumbia
(Ultraqans)

4.8 MB5:13 min
e

Novas Relacionadas:
Images (1)

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto