Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Tradicional Cantadeiras do Berbés

Buscar no Cartafol:

Cantadeiras do Berbés

Comarca
Video
En activo
non

Grupo de cantareiras vigués vencellado á Asociación Veciñal Casco Vello desta cidade, naceron nun curso organizado por esta asociación que impartiu Uxía Senlle, e que sacou dous discos ao mercado, A roupa do mariñeiro, (Do Cumio, 1996) e Agora cantámolas nós, (Do Cumio, 1998), traballos que son senllas escolmas de pezas cantadas populares. O grupo, que acompaña as voces das cantareiras con pandeiro, pandeiretas e outros trebellos percutivos coma piñas ou cunchas, acadou sona con facilidade, cunha proposta sinxela na feitura pero do agrado do público galego que teñen levado este fato de mulleres por abondosas romarías, festas e programas de televisión do noso país.

O seu terceiro traballo chamouse Todos a bordo e nel seguiron a rescatar vellos temas mariñeiros, cantos de taberna e outras pezas da música popular que acompañan con acordeón, percusións e gaita.

Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto