Que vén sendo o Cartafol?
Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
- E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
- Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
- Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
- E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)
Buscar no Cartafol:
Leilía
Grupo de cantareiras que despois de se estrear coa gravación dun disco, Leilía, (Discmedi, 1994), encadrado totalmente na tradición, teñen pescudado e traballado arreo na incorporación desta manifestación musical galega na sonoridade actual. Froito disto os seus seguintes traballos: I é verdade i é mentira, (Virgin, 1998) e Madama, (Discmedi, 2003), onde incorporan ademais letras de temática actual. Na altura, Leilía xa non se cingue a estrutura tradicional das cantareiras e incorporan instrumentos tanto na gravación, onde foron Nando Casal e Antón Seoane os encargados da interpretación e mailo arranxos, coma ao vivo. Cómpre salientar tamén as numerosas colaboracións que Leilía teñen feito con grupos folk galegos: Berrogüetto, Milladoiro ou Budiño e estranxeiros: Kepa Junkera, La Musgaña, etc
No ano 2005, coincidindo co seu 15º aniversario, publican o recompilatorio Son de Leilía, (Leilear, 2005). Ás portas do 2012 sae á luz Consentimento, un traballo donde as melodías tradicionais recollidas por Leilía se engalanan coas letras creadas por destacadas escritoras para a ocasión e tamén polos arranxos musicais feitos por Xoan Porto.