Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Tradicional Manuel Dopazo

Buscar no Cartafol:

Manuel Dopazo

Comarca
En activo
non

A emigración encheu o planeta de sons galegos. De entre todos eles destaca o coñecido como o máis grande gaiteiro de América, Manuel Dopazo Gontade, nado na parroquia de Manduas, Silleda, no 1882 e morto en Bos Aires no 1952. Marchou para Arxentina, a canda súa moza, fuxindo do servizo militar. Alí creou a primeira banda de gaitas coñecida, Los Gaiteros de Vilaverde. Compositor e fabricante de gaitas, afortunadamente o seu virtuosismo ficou plasmado nestas gravacións hoxe recuperadas desde os numerosos discos orixinais que gravou en 78 r.p.m.

Na actualidade, en Bandeira celébrase un Memorial Manuel Dopazo que atrae os mellores intérpretes tradicionais.

Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto