Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Buscar no Cartafol:

Noitarega

Cuarteto tradicional vigués que publicou hai dous anos o seu último traballo, (XXI, Autoeditado, 2010). Gravado nos Muu! Estudios por Pedro Feijoo e distribuído por Lonxa Cultural, XXI  supuxo rachar 10 anos de silencio discográfico, os que pasaron dende a publicación da súa achega a colección Os Nosos Gaiteiros de edicións do Cumio, o seu anterior traballo.

A música de Noitarega bebe do repertorio tradicional do sur da provincia de Pontevedra, bisbarras de sempre senlleiras no número e calidade de formacións tradicionais que aló nacen. Deste xeito, vellas melodías que a gaita de Henrique Otero ou a de Moxenas popularizaron hai xa 30 ou 40 anos, -moitas delas recollidas por estes do repertorio doutros gaiteiros-,  son reinterpretadas por Noitarega. E aínda que a presenza das pezas de Moxenas e Otero ocupan coma sempre un lugar predominante no repertorio de Noitarega, non só os únicos aos que acoden para se fornecer de novos temas; así, nos créditos podemos atopar pezas tradicionais recollidas nos repertorios dos Morenos de Lavadores, -tamén habituais en Noitarega-, de Ricardo Portela, de Rique o Salueiro, a carón doutras pezas de autor, asinadas por nomes coñecidos no eido tradicional como Luis Correa “O Caruncho”, Juanjo Fernández, Ernesto Campos ou Carlos Justo.

Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto