Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Tradicional Os Carunchos

Buscar no Cartafol:

Os Carunchos

Comarca
Video
En activo
si

Ao final de 1994 nacen na bisbarra de Vigo Os Carunchos, coa idea de misturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, e co obxectivo de integrar na súa música outros instrumentos cada vez máis presentes na música galega, coma a zanfona, que xa dende o comezo acompañou a súa música. Non sería ate o ano 1998 que graven o seu primeiro disco, ¡Ala, que vai!, (Do Cumio, 1998). Neste traballo fan un resumo dos primeiros catro anos de vida gravando nel cantigas tradicionais e melodias de nova composición. Pasan outros catro anos ate a gravación do seu segundo traballo, Sen tempo non era, editado por Zouma Records no 2002. Novos instrumentos, coma o oboé, a frauta traveseira, e mais a requinta, son introducidos no repertorio. Seguen a liña orixinaria de empregar letras de autor e compór algunhas das melodías do seu disco. Desta maneira chegan ao 2004, onde van cumprir o décimo aniversário cum novo disco em preparaçom, com novos instrumentos e temas de diversos compositores da nossa Terra. A formación actual dos Carunchos é: Luis Correa, Pilar Gonçalves, Pablo Rial, Isabel Mouzo e Isaac Teniente.

Desta maneira chegamos ao 2005, e pasado o décimo aniversario, o grupo gravou o terceiro disco, Montealegre, no que aparecen novos instrumentos e temas tanto tradicionais como de diversos compositores da nosa terra.

En maio de 2009 apresentaron Os Carunchos o seu cuarto disco, En galego, (PAI, 2009), de xeito “oficial” na Festa dos Maios organizada no Vigo Vello pola veciñanza o día 10, aínda que as novas cancións do sexteto tradicional xa se puideran escoitar á beira do Bouzós na Festa do Muíño, xusto da outra banda da ría, unha semana antes. Teiman neste traballo nas liñas marcadas dende o seu nacemento hai 15 anos: mestura de temas cantados con pezas instrumentais, -populares, de composición propia ou do repertorio de gaiteiros solistas-, presenza do folclore portugués e clara vocación festeira, para a que teñen argallado auténticas marabillas como Mira-me Miguel ou Montealegre; características ás que lle veñen engadindo nos últimos tempos un maior protagonismo da zanfona e un coidado exquisito da percusión, tanto do convencional dúo bombo-tamboril como do pandeiro, cunchas ou culleres. No abano de instrumentos que aparecen no disco tamén hai lugar para o oboe, a requinta e o acordeón diatónico, nunha tendencia común con outros grupos tradicionais que engadiron un membro ou dous máis ao cuarteto para potenciaren as posibilidades interpretativas.

Novas Relacionadas:
Images (3)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto