Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Buscar no Cartafol:

Xistra

Comarca
En activo
non

Grupo tradicional da parroquia viguesa de Coruxo que xa ten editado catro discos na súa andaina, que comezou cinguida á tradición para ir incorporando paseniño outros instrumentos coma clarinete, requinta ou acordeón, por outra banda presentes xa de vello na tradición musical do sur de Galiza. Se beillas arrente coidado cos terróns, (Edicións do Cumio, 1995) foi o seu debut, ao que seguirían Adicado..., (Do Fol, 1997), Xistralia. República Independente, (Zouma Records, 2000), e finalmente Tres nun, tamén con Zouma  no 2003. Discos onde Xistra percorre o folclore galego e miñoto.

Novas Relacionadas:
Images (4)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto