Aínda nos treme o corpo do festival que vivimos esta fin de semana en Cangas! Éxito de venres a domingo nas 3 xornadas do Festival Furtivo, con grande afluencia de público na xornada central do sábado, na que o importe íntegro da recadación das entradas foi para ADICAM, a Asociación de Diagnosticad@s de cancro de mama do Morrazo. Temos moito material: fotos, vídeos, crónicas dos concertos, etc. Irémolo subindo todo ao longo da semana, pero non podiamos deixar de comezar pola Terbutalina. A banda do Barbanza sorprendeu moito en Cangas, e tanto a xente nova coma a esixente lexión de roqueiros veteráns da comarca que pasaron polo recinto. Aquí tedes entrevista e algún tema do seu directo, xulgade vós!